14 dic 2009

Letra E para Marilar

A Asociación de Escritores en Lingua Galega dedicaralle a homenaxe ‘O Escritor na súa Terra’ á autora e tradutora Marilar Aleixandre. Ademais, a asemblea de socios decidiu outorgarlle o premio ‘Os Bos e Xenerosos’ aos concellos que organizaron o
Premio Blanco Amor e o galardón ás Institucións recaeu no Salón do Libro Infantil de Pontevedra.

A homenaxe O Escritor na súa Terra, impulsada pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, chega no 2010 a súa XVI edición recaendo, por decisión unánime da súa asemblea de socios e socias, na figura da escritora Marilar Aleixandre.


O recoñecemento, que o ano pasado recibiu Agustín Fernández Paz, inclúe a entrega do galardón Letra E de escritor (unha peza escultórica), a plantación dunha árbore simbólica (elixida polo propio autor), a colocación dun monolito conmemorativo ou a inauguración dun espazo público co nome do homenaxeado ou cun nome elixido por el mesmo. A homenaxe a Marilar Aleixandre celebrarase na primavera do 2010.
Os escritores galegos tamén decidiron recoñecer co galardón Os Bos e Xenerosos o traballo desenvolvido polos vinte e sete concellos que organizaron o Premio Blanco Amor de Narrativa, que cumpre o vindeiro ano o seu trinta aniversario. No transcurso da Cea das Letras, que se celebrará na primeira semana de maio do 2010, entregaráselle o galardón ao concello de Poio, organizador do certame este ano, en nome de todos os concellos que participaron na súa organización ao longo da súa traxectoria.
Tamén nesta celebración se entregará o Premio AELG ás Institucións, que nesta edición será para o Salón do Libro Infantil de Pontevedra. Nas últimas edicións, tamén recibiron a homenaxe O Escritor na súa Terra, entre outros, María do Carme Kruckenberg, Manuel Lourenzo ou Xosé Vázquez Pintor.

2 dic 2009

Enderezo Descoñecido


No club de lectura de 4º de ESO do CPI Monte Caxado imos ler :Enderezo Descoñecido


Publicouse por primeira vez en 1938 e causou gran sensación pola crueza coa que expoñía diante da opinión pública o veleno do nazismo. Foi considerada unha obra perfecta.En 1939, a traducción holandesa desapareceu das librerías e, coincidindo coa ocupación nazi, a única presencia da novela en Europa foi na lista de libros prohibidos do Reichskommisar.Reeditouse en 1995, para conmemorar o cincuenta aniversario da liberación dos campos de concentración, o editor francés da revista Autrement, Henri Dougier, decidiu publicala convencido da súa importancia para as víctimas do nazismo e para toda a comunidade europea.
As cartas entre dous amigos, un xudeu estadounidense e un alemán que regresa a seu país no ano 1932, transmítenos con sinxeleza e claridade como o nazismo se apropiou non só do poder, senón tamén das conciencias de moitos alemáns, que se sumaron á tolemia nazi cunha naturalidade espantosa:
Para ter máis información consultade:

anayainfantilyjuvenil

Palabras de caramelo


O primeiro libro que vai ler 1º da ESO do CPI Monte Caxado no Club de Lectura é Palabras de caramelo, de Gonzalo Moure.

Kori é un neno xordo, vive nun campo de refuxiados saharauis, gústanlle os camelos e ir á escola para aprender a ler e escribir. O día que a súa mestra entende que pode ensinarlle a escribir, algo moi especial acontece na súa vida: é capaz de traducir no papel as súas emocións, especialmente aquelas que xorden da súa relación co seu amigo Caramelo, un pequeno camelo de cor canela.

Enlaces de interese:
Blog de Gonzalo Moure.
Entrevista a Gonzalo Moure.
Gonzalo Moure no Facebook.

30 nov 2009

Libros de lectura 2º e 3º ESO


O primeiro libro que van ler 2º e 3º da ESO do CPI Monte Caxado é "Unha presa de terra", de Marilar Aleixandre.

A aparición do cadáver dunha moza nun ascensor é un feito máis que salientable para centrar a atención sobre a historia que pode existir tralo feito dunha morte non natural. Con esa premisa, xa sabemos que Marilar Aleixandre propón unha novela de intriga e investigación, pero o verdadeiramente importante é o desenvolvemento desa investigación. A trama policial parece estar servida, sen embargo o violento crime a penas deixa trazas que poidan actuar de fío conductor dunha arañeira chea de intrigas e sospeitosos. Nada de nada. A detective privada que, por compromiso, se encarga do caso, colabora atipicamente coa policía, cun amor polo medio durante a investigación.
Premio de novela por entregas de La Voz de Galicia 2001.

Ligazóns interesantes:

Páxina persoal de Marilar Aleixandre (en galego), (en castelán), (en inglés)
Biografía da Biblioteca Virtual Galega
Páxina da autora en Praza das Letras
Entrevista á autora.