29 jun 2010

O PRINCIPIÑO


Velaquí o último libro que leu o Club de lectura de 4ºESO do CPI Monte Caxado. Traballamos con distintas frases que nos fixeron pensar, soñar ou madurar, nesta obra aparentemente para nenos pero interiormente para adultos. A lectura deste libro non nos deixou indiferentes, tocou algo en nós que nos fixo sentir que o mundo se pode ver doutra maneira, máis positiva, máis profunda, máis xusta, menos superficial. Libro de cabeceira para moitos, obra de profunda espiritualidade para a maioría, sacamos o máximo partido deste libro con frases tan interesantes coma estas:

"On ne voit bien qu'avec le coeur. L'essentiel est invisible pour les yeux"
"Soamente se ve ben co corazón. O esencial é invisible para os ollos"
"Toutes les grandes personnes ont d'abord été des enfants. (Mais peu d'entre elles s'en souviennent)".
"Tódalas persoas maiores foron nenos antes. (Pero poucos se lembran)".
"Droit devant soi son ne peut pas aller bien loin..."
"Camiñando todo dereito para adiante non se pode ir moi lonxe".
"Les grandes personnes ne s'intéressent plus qu'aux chiffres". "As persoas maiores só senten interese polas cifras".
"Je connais une planète où il y a un monsieur cramoisi. Il n'a jamais respiré une fleur. Il n'a jamais regardé une étoil"e. Il n'a jamais aimé personne. Il n'a jamais rien fait d'autre que des additions. Et toute la journée il répète comme toi: "Je suis un homme sérieux! Je suis un homme sérieux".
"Coñezo un planeta onde vive un señor moi colorado. Nunca cheirou o recendo dunha flor, nunca mirou unha estrela e xamais quixo a ninguén. Na súa vida fixo outra cousa que non fosen sumas. E pasa o día repetindo coma ti: Eu son un home serio! Eu son un home serio!"
"Si quelqu'un aime une fleur qui n'existe qu'à un exemplaire dans les millions et les millions d'étoiles, ça suffit pour qu'il soit heureux quand ils les regarde". "Se alguén ama unha flor da que soamente existe un único exemplar en millóns de estrelas, abonda con isto para se sentir ditoso ao contemplalas".
"Qu'est-ce que signifie apprivoiser? Ça signifie créer des liens. Tu n'es encore pour moi qu'un petit garçon tout semblable à cent mille petits garçons. Et je n'ai pas besoin de toi. Et tu n'as pas besoin de mois non plus. Je ne suis pour toi qu'un renard semblable à cent mille renards. Mais, si tu m'apprivoises, nous aurons besoin l'un de l'autre. Tu seras pour moi unique au monde. Je serai pour toi unique au monde..."
"Que significa domesticar? Significa crear vencellos. Ti non es aínda para min máis que un rapaciño semellante a outros cen mil rapaciños. E non me cómpres para nada. Tampouco ti tes necesidade de min. Para ti eu non son máis que un raposo semellante a outros cen mil raposos. Pero se ti me domesticas, teremos necesidade un do outro. Ti serás para min único no mundo. E eu tamén serei para ti único no mundo..."

Via Conspiración de lectores atopamos a web Der kleine Prinz in 100 Sprachen
que permite escoitar un fragmento deste fermoso libro en cen idiomas diferentes

25 jun 2010

Festa en Vilalba


O día 20 xuntámonos os clubs do IES Sanxillao e os do Monte Caxato na praia fluvial de Vilalba, acompañados das profesoras, dos pais e do grupo de gaiteiros Caivanca para despedir o curso. Pasámolo moi ben, comemos, xogamos, bailamos, lemos e ata tivemos unha aventura ben simpática cun balón, un río, unhas vacas e un parente ao que non se lle dá moi ben o fútbol. Igual ata nos dá tema para escribir algo no verán. Xa vos contaremos.
Felices vacacións e felices lecturas

13 jun 2010

Viaxe ao Courel



Aquí estamos 4º de ESO do Sanxillao e do Urbano Lugrís de Malpica acompañados de varios profesores contemplando a fervenza de Vieiros. E pensar que hai xente que viaxa tan lonxe para ver prodixios da natureza tendo isto tan preto.
Pasámolo moi ben na viaxe e axudounos a entender mellor a Uxío Novoneyra.

Uxío fala de Uxío



Este ano, e dentro das actividades do Día das Letras, tivemos a sorte de contar coa presenza de Uxío, o fillo máis vello de Uxío Novoneyra, que nos achegou desde os seus recordos á figura de seu pai.
Como non temos gravación dese acto, queremos que o escoitedes na homenaxe que un grupo de amigos lle tributaron ao Poeta o día 9 de maio na súa terra.
Desde o Sanxillao queremos agradecerlle a súa amabilidade.

4 may 2010

HAI UNHA PANTASMA NA NOSA CASA!


No Monte Caxado, os alumnos de 1º ESO estamos a ler A pantasma de Canterville e outros contos de Oscar Wilde. Vaia medo que pasamos, e ó mesmo tempo botamos tamén unhas risas.

Cando o embaixador norteamericano Hiram B. Otis resolveu comprar o pazo de Canterville, todos lle foron co conto de que facía unha gran parvada porque a casa estaba abofé enmeigada. O propio Lord Canterville, home de honra cumprida como era, sentiuse na obriga de avisalo de que aquela pantasma aparecéralle a familiares seus, que pasaban noites enteiras sen durmir por mor daqueles ruídos tan raros que se sentían ao final do corredor da biblioteca. Isto non arredrou ao embaixador que consideraba que a pantasma e os mobles non lle eran nin máis nin menos que unha parte do lote que quería mercar. «Veño dun país moi adiantado onde non hai cousa que non se poida mercar cartos», pensaba o americano para quen se houbese unha pantasma en Europa, xa estaría nalgún museo americano ou mesmo nas rúas, como títere de pago. A pantasma de Canterville, que lle dá título a este volume de narracións de Oscar Wilde, traducido para o galego por Gustavo Luca de Tena, é, amais dunha historia de pantasmas, un intelixente estudo de carácter de cada un dos membros dunha familia norteamericana, e das súas reaccións ante as aparicións nocturnas do espectro de Sir Simon de Canterville. O volume, ilustrado por Federico Fernández, inclúe ademais outros contos: «O rei novo», «O xigante egoísta», «O rousiñol e a rosa», «O príncipe feliz» e «O crime de Lord Arthur Saville», todos eles tinxidos dun fondo lirismo do que agroma unha promesa de esperanza e de solidariedade entre os homes.

14 abr 2010

O MAGO DE OZ

Decidimos adentrarnos no mundo da fantasía e da maxia grazas a un libro cheo de ilusión proposto por un dos nosos alumnos para 4º ESO no club de lectura.

Como todos sabemos, a historia narra a aventura dunha nena chamada Dorothy na terra de Oz. Grazas en parte á película de 1939, é unha das historias máis coñecidas da cultura popular americana e foi traducida a moitas linguas. O seu éxito inicial e o éxito do popular musical de Broadway levaron ó autor a escribir outros trece libros de Oz.

NOITE DE VORACES SOMBRAS


Este é o título do libro que van ler 2º e 3º ESO no club de lectura, de Agustín Fernández Paz.

Sara, unha moza de dezaseis anos, narra de forma apaixonada os acontecementos que durante unhas vacacións de verán na casa da avoa foron un auténtico terremoto na súa vida e lle axudarán, dende entón, a enfrontala dunha forma distinta. No cuarto que ocupa sentirá o inquedante desacougo dunha presencia fantasmal. Alí atopará, tamén, un fato de cartas e fotos, unha libreta de caligrafía apretada e unha selecta biblioteca que a levarán a descubrir unha inesquecible historia de amor e desamor entre dous mestres republicanos, que se produciu durante a Guerra Civil e os amargos anos da posguerra. Noite de voraces sombras, a nova novela de Agustín Fernández Paz, aborda un tema que hoxe está en primeiro plano, como é a recuperación das vidas e dos ideais que quedaron rotos trala guerra civil e a posguerra, así como a necesidade de que as novas xeracións descubran esa realidade, porque non se poderá construír nada auténtico sobre a desmemoria. Ademais disto, Noite de voraces sombras aborda outras cuestións de non menor importancia: como a presencia permanente do misterio nas nosas vidas, encarnado na trama nunha extraña presencia fantasmal no cuarto da protagonista.

Enlaces de interese:

Sobre o libro.
Páxina web do autor.

21 mar 2010

DÍA MUNDIAL DA POESÍA


Facede caso destas recomendacións que atopamos no blog do CEIP Campolongo.

7 mar 2010

Digamos NON á violencia contra as mulleres


Este libro chega a nós grazas a Amnistía Internacional, á editorial Tris Tram e ás escritoras Paula Carballeira, Rosa Aneiros, Ana Romaní, Anxos Sumai, Carmen Blanco...e moitas máis ata un total de vinte e unha, entre escritoras e ilustradoras, que quixeron contribuír co seu traballo a eliminar esa terrible lacra social que é a violencia contra as mulleres.

4 mar 2010

Os de 1º vimos pisando forte


Este é o libro que estamos a ler no club de lectura de 1º de ESO do Sanxillao. Escollémolo porque fala dos problemas que lles interesan aos mozos e ás mozas e que moitas veces non nos atrevemos a comentar con ninguén. Fala de enfermidades, de medos, de inseguridades, de drogas, de sexo, de relacións humanas... Ademais, ao presentarse como o diario dun rapaz, emprega unha lingua facilmente comprensible, pero ao mesmo tempo está moi ben documentado.

15 feb 2010

Luís,es o mellor



Na noite dos Goya, o noso idioma medrou en prestixio. Un Luís Tosar visiblemente emocionado dedicáballe o premio á súa xente e facíao en galego.
Moitas grazas Luís por triunfar polo mundo adiante e romper cos tópicos, pero, sobre todo por demostrarlles a moitos que ser educado en galego non é un obstáculo para o éxito.
Agora a polo Óscar. Moitos parabéns para ti e para todos os premiados.

14 feb 2010

Regala poemas de amor

Biquei sua tristura i atopei os labios.
Na aperta prendémolo Mundo.

Madrid 1964
Uxío Novoneyra

7 feb 2010

Canto mellor nos era falar galego

O

No club de lectura de 4º de ESO do Sanxillao lemos e comentamos Cousas de Castelao estes tempos.
Magnífico libro!.
En Flocos tv aparece esta orixinal recreación baseada en varios textos da obra. A ver cantos sodes capaces de identificar. Sorte!
Por certo, aínda hai quen di que o galego non serve para andar polo mundo.

1 feb 2010

REUNIÓN 4º ESO 2/2/2010

Un pequeno comentario con respecto ó libro Enderezo descoñecido. Sabiades que Hitler quería que a raza aria dominara, pois era a superior? O raro era que a raza aria debía ser alta, forte, loira e con ollos azuis, pero Hitler era baixo, feble, moreno e con ollos marróns! Non é incrible? Nunha Alemania económica e animicamente feble trala Primeira Guerre Mundial, o discurso esperanzador deste líder logrou convencer a millóns de alemáns de que un país único e poderoso era posible gracias ó enaltecemento da raza aria e ó desprezo das outras razas.
Imos escoitar un discurso de Hitler nunha película de gran éxito.




Agora, en honor ó mellor actor cómico de tódolos tempos, imos escoitar o discurso doutro Hitler ben diferente e que nos pode facer pensar en como un personaxe pode cambiar o transcurso da historia dun país.

24 ene 2010

Parabéns para Xosé Luís Méndez Ferrín

Parabéns para Xosé Luís Méndez Ferrín e para o seu equipo. Parabéns para a RAG, que xa demostrou días atrás que sabe andar cos tempos. Parabéns para as letras galegas, que, pese a todos os problemas, seguen a contar con autores de tanta valía.

Son momentos en que a nosa lingua precisa de pólvora e magnolias e Ferrín saberá cando cómpre botar man dunha ou das outras.
Parabéns logo a toda Galicia que ao longo dunha historia difícil soubo manter unha lingua e unha cultura coa que vivir e coa que abrirnos ao mundo.

9 ene 2010

Uxío Novoneyra e a Letanía de Galicia


Queremos iniciar o 2010 facéndolle a nosa pequena homenaxe a Uxío Novoneyra, autor ao que este ano a Real Academia lle dedica o día das letras galegas.
O poema que acompaña este texto escribiuno o Poeta durante as protestas estudantís santiaguesas do maio do 68 e é, polo tanto, un poema social. O autor concibíao como un himno patriótico, pero un himno para dicir, non para cantar.
O seu título, Letanía de Galicia, ten claras reminiscencias relixiosas, trátase dun rezo pola súa Terra, un rezo civil colectivo. O poema acada a súa plenitude cando se di dun xeito coral.