15 feb 2010

Luís,es o mellor



Na noite dos Goya, o noso idioma medrou en prestixio. Un Luís Tosar visiblemente emocionado dedicáballe o premio á súa xente e facíao en galego.
Moitas grazas Luís por triunfar polo mundo adiante e romper cos tópicos, pero, sobre todo por demostrarlles a moitos que ser educado en galego non é un obstáculo para o éxito.
Agora a polo Óscar. Moitos parabéns para ti e para todos os premiados.

14 feb 2010

Regala poemas de amor

Biquei sua tristura i atopei os labios.
Na aperta prendémolo Mundo.

Madrid 1964
Uxío Novoneyra

7 feb 2010

Canto mellor nos era falar galego

O

No club de lectura de 4º de ESO do Sanxillao lemos e comentamos Cousas de Castelao estes tempos.
Magnífico libro!.
En Flocos tv aparece esta orixinal recreación baseada en varios textos da obra. A ver cantos sodes capaces de identificar. Sorte!
Por certo, aínda hai quen di que o galego non serve para andar polo mundo.

1 feb 2010

REUNIÓN 4º ESO 2/2/2010

Un pequeno comentario con respecto ó libro Enderezo descoñecido. Sabiades que Hitler quería que a raza aria dominara, pois era a superior? O raro era que a raza aria debía ser alta, forte, loira e con ollos azuis, pero Hitler era baixo, feble, moreno e con ollos marróns! Non é incrible? Nunha Alemania económica e animicamente feble trala Primeira Guerre Mundial, o discurso esperanzador deste líder logrou convencer a millóns de alemáns de que un país único e poderoso era posible gracias ó enaltecemento da raza aria e ó desprezo das outras razas.
Imos escoitar un discurso de Hitler nunha película de gran éxito.




Agora, en honor ó mellor actor cómico de tódolos tempos, imos escoitar o discurso doutro Hitler ben diferente e que nos pode facer pensar en como un personaxe pode cambiar o transcurso da historia dun país.