14 abr 2010

O MAGO DE OZ

Decidimos adentrarnos no mundo da fantasía e da maxia grazas a un libro cheo de ilusión proposto por un dos nosos alumnos para 4º ESO no club de lectura.

Como todos sabemos, a historia narra a aventura dunha nena chamada Dorothy na terra de Oz. Grazas en parte á película de 1939, é unha das historias máis coñecidas da cultura popular americana e foi traducida a moitas linguas. O seu éxito inicial e o éxito do popular musical de Broadway levaron ó autor a escribir outros trece libros de Oz.

NOITE DE VORACES SOMBRAS


Este é o título do libro que van ler 2º e 3º ESO no club de lectura, de Agustín Fernández Paz.

Sara, unha moza de dezaseis anos, narra de forma apaixonada os acontecementos que durante unhas vacacións de verán na casa da avoa foron un auténtico terremoto na súa vida e lle axudarán, dende entón, a enfrontala dunha forma distinta. No cuarto que ocupa sentirá o inquedante desacougo dunha presencia fantasmal. Alí atopará, tamén, un fato de cartas e fotos, unha libreta de caligrafía apretada e unha selecta biblioteca que a levarán a descubrir unha inesquecible historia de amor e desamor entre dous mestres republicanos, que se produciu durante a Guerra Civil e os amargos anos da posguerra. Noite de voraces sombras, a nova novela de Agustín Fernández Paz, aborda un tema que hoxe está en primeiro plano, como é a recuperación das vidas e dos ideais que quedaron rotos trala guerra civil e a posguerra, así como a necesidade de que as novas xeracións descubran esa realidade, porque non se poderá construír nada auténtico sobre a desmemoria. Ademais disto, Noite de voraces sombras aborda outras cuestións de non menor importancia: como a presencia permanente do misterio nas nosas vidas, encarnado na trama nunha extraña presencia fantasmal no cuarto da protagonista.

Enlaces de interese:

Sobre o libro.
Páxina web do autor.