29 jun 2010

O PRINCIPIÑO


Velaquí o último libro que leu o Club de lectura de 4ºESO do CPI Monte Caxado. Traballamos con distintas frases que nos fixeron pensar, soñar ou madurar, nesta obra aparentemente para nenos pero interiormente para adultos. A lectura deste libro non nos deixou indiferentes, tocou algo en nós que nos fixo sentir que o mundo se pode ver doutra maneira, máis positiva, máis profunda, máis xusta, menos superficial. Libro de cabeceira para moitos, obra de profunda espiritualidade para a maioría, sacamos o máximo partido deste libro con frases tan interesantes coma estas:

"On ne voit bien qu'avec le coeur. L'essentiel est invisible pour les yeux"
"Soamente se ve ben co corazón. O esencial é invisible para os ollos"
"Toutes les grandes personnes ont d'abord été des enfants. (Mais peu d'entre elles s'en souviennent)".
"Tódalas persoas maiores foron nenos antes. (Pero poucos se lembran)".
"Droit devant soi son ne peut pas aller bien loin..."
"Camiñando todo dereito para adiante non se pode ir moi lonxe".
"Les grandes personnes ne s'intéressent plus qu'aux chiffres". "As persoas maiores só senten interese polas cifras".
"Je connais une planète où il y a un monsieur cramoisi. Il n'a jamais respiré une fleur. Il n'a jamais regardé une étoil"e. Il n'a jamais aimé personne. Il n'a jamais rien fait d'autre que des additions. Et toute la journée il répète comme toi: "Je suis un homme sérieux! Je suis un homme sérieux".
"Coñezo un planeta onde vive un señor moi colorado. Nunca cheirou o recendo dunha flor, nunca mirou unha estrela e xamais quixo a ninguén. Na súa vida fixo outra cousa que non fosen sumas. E pasa o día repetindo coma ti: Eu son un home serio! Eu son un home serio!"
"Si quelqu'un aime une fleur qui n'existe qu'à un exemplaire dans les millions et les millions d'étoiles, ça suffit pour qu'il soit heureux quand ils les regarde". "Se alguén ama unha flor da que soamente existe un único exemplar en millóns de estrelas, abonda con isto para se sentir ditoso ao contemplalas".
"Qu'est-ce que signifie apprivoiser? Ça signifie créer des liens. Tu n'es encore pour moi qu'un petit garçon tout semblable à cent mille petits garçons. Et je n'ai pas besoin de toi. Et tu n'as pas besoin de mois non plus. Je ne suis pour toi qu'un renard semblable à cent mille renards. Mais, si tu m'apprivoises, nous aurons besoin l'un de l'autre. Tu seras pour moi unique au monde. Je serai pour toi unique au monde..."
"Que significa domesticar? Significa crear vencellos. Ti non es aínda para min máis que un rapaciño semellante a outros cen mil rapaciños. E non me cómpres para nada. Tampouco ti tes necesidade de min. Para ti eu non son máis que un raposo semellante a outros cen mil raposos. Pero se ti me domesticas, teremos necesidade un do outro. Ti serás para min único no mundo. E eu tamén serei para ti único no mundo..."

Via Conspiración de lectores atopamos a web Der kleine Prinz in 100 Sprachen
que permite escoitar un fragmento deste fermoso libro en cen idiomas diferentes

25 jun 2010

Festa en Vilalba


O día 20 xuntámonos os clubs do IES Sanxillao e os do Monte Caxato na praia fluvial de Vilalba, acompañados das profesoras, dos pais e do grupo de gaiteiros Caivanca para despedir o curso. Pasámolo moi ben, comemos, xogamos, bailamos, lemos e ata tivemos unha aventura ben simpática cun balón, un río, unhas vacas e un parente ao que non se lle dá moi ben o fútbol. Igual ata nos dá tema para escribir algo no verán. Xa vos contaremos.
Felices vacacións e felices lecturas

13 jun 2010

Viaxe ao Courel



Aquí estamos 4º de ESO do Sanxillao e do Urbano Lugrís de Malpica acompañados de varios profesores contemplando a fervenza de Vieiros. E pensar que hai xente que viaxa tan lonxe para ver prodixios da natureza tendo isto tan preto.
Pasámolo moi ben na viaxe e axudounos a entender mellor a Uxío Novoneyra.

Uxío fala de Uxío



Este ano, e dentro das actividades do Día das Letras, tivemos a sorte de contar coa presenza de Uxío, o fillo máis vello de Uxío Novoneyra, que nos achegou desde os seus recordos á figura de seu pai.
Como non temos gravación dese acto, queremos que o escoitedes na homenaxe que un grupo de amigos lle tributaron ao Poeta o día 9 de maio na súa terra.
Desde o Sanxillao queremos agradecerlle a súa amabilidade.