Este libro chega a nós grazas a Amnistía Internacional, á editorial Tris Tram e ás escritoras Paula Carballeira, Rosa Aneiros, Ana Romaní, Anxos Sumai, Carmen Blanco...e moitas máis ata un total de vinte e unha, entre escritoras e ilustradoras, que quixeron contribuír co seu traballo a eliminar esa terrible lacra social que é a violencia contra as mulleres.
Este é o libro que estamos a ler no club de lectura de 1º de ESO do Sanxillao. Escollémolo porque fala dos problemas que lles interesan aos mozos e ás mozas e que moitas veces non nos atrevemos a comentar con ninguén. Fala de enfermidades, de medos, de inseguridades, de drogas, de sexo, de relacións humanas... Ademais, ao presentarse como o diario dun rapaz, emprega unha lingua facilmente comprensible, pero ao mesmo tempo está moi ben documentado.
Na noite dos Goya, o noso idioma medrou en prestixio. Un Luís Tosar visiblemente emocionado dedicáballe o premio á súa xente e facíao en galego. Moitas grazas Luís por triunfar polo mundo adiante e romper cos tópicos, pero, sobre todo por demostrarlles a moitos que ser educado en galego non é un obstáculo para o éxito. Agora a polo Óscar. Moitos parabéns para ti e para todos os premiados.
No club de lectura de 4º de ESO do Sanxillao lemos e comentamos Cousas de Castelao estes tempos. Magnífico libro!. En Flocos tv aparece esta orixinal recreación baseada en varios textos da obra. A ver cantos sodes capaces de identificar. Sorte! Por certo, aínda hai quen di que o galego non serve para andar polo mundo.
Un pequeno comentario con respecto ó libro Enderezo descoñecido. Sabiades que Hitler quería que a raza aria dominara, pois era a superior? O raro era que a raza aria debía ser alta, forte, loira e con ollos azuis, pero Hitler era baixo, feble, moreno e con ollos marróns! Non é incrible? Nunha Alemania económica e animicamente feble trala Primeira Guerre Mundial, o discurso esperanzador deste líder logrou convencer a millóns de alemáns de que un país único e poderoso era posible gracias ó enaltecemento da raza aria e ó desprezo das outras razas. Imos escoitar un discurso de Hitler nunha película de gran éxito.
Agora, en honor ó mellor actor cómico de tódolos tempos, imos escoitar o discurso doutro Hitler ben diferente e que nos pode facer pensar en como un personaxe pode cambiar o transcurso da historia dun país.
Benvidos ó blog do club de Lectura do CPI Monte Caxado e do IES Sanxillao. Ímonos reunir aquí para falar de todo o que pode caber nos libros e que nós pensabamos que non podía existir, para estimular o placer e o hábito de lectura, amosando as posibilidades que brinda para a creatividade, a ampliación do vocabulario e o crecemento como persoas.
A lectura é a viaxe dos que non poden coller o tren. Francis Decroisset.