24 ene 2010

Parabéns para Xosé Luís Méndez Ferrín

Parabéns para Xosé Luís Méndez Ferrín e para o seu equipo. Parabéns para a RAG, que xa demostrou días atrás que sabe andar cos tempos. Parabéns para as letras galegas, que, pese a todos os problemas, seguen a contar con autores de tanta valía.

Son momentos en que a nosa lingua precisa de pólvora e magnolias e Ferrín saberá cando cómpre botar man dunha ou das outras.
Parabéns logo a toda Galicia que ao longo dunha historia difícil soubo manter unha lingua e unha cultura coa que vivir e coa que abrirnos ao mundo.

4 comentarios:

  1. Esperemos que con Méndez Ferrin o galego siga na posición que estivo ata agora e que o castelán non o supere .

    ResponderEliminar
  2. Agradaríame moito que este home mellorara a posición do galego fronte os ataques que esta a sufrir.

    ResponderEliminar
  3. Esperemos que o Galego comparta protagonismo co Castelán na actualidade e no futuro de Galiza.

    ResponderEliminar
  4. Boa sorte, desexamos que durante a túa presidencia, consigamos que non entre en vigor este decreto abusivo, que nos queren impoñer.
    Por:Carlos e Tania.

    ResponderEliminar